Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > O mundo ao revés

O mundo ao revés

Data: 
sábado, 8 de Marzo de 2025
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos infantil e familiar para conmemorar o 8M

Este sábado 8 de marzo, Día internacional da muller, a compañía Trémola Teatro tráenos un espectáculo moi especial para promover a igualdade entre nenos e nenas a través dun conto.

Que pasaría se o mundo funcionase ao revés?

Jaime é un neno de oito anos apaixonado polo fútbol. No seu colexio é o mellor xogador, pero todo cambia cando se traslada con súa familia a Revelandia, un país onde as normas son moi diferentes. Alí todas as grandes deportistas son rapazas! Como se sentirá Jaime sendo o único rapaz no equipo de fútbol?

Este é un conto con perspectiva de xénero que nos convida a reflexionar sobre os estereotipos e a igualdade entre nenos e nenas, sempre dunha maneira divertida e participativa.

Para acompañar a Jaime nesta aventura:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do mércores 5 de marzo ás 16:00 horas, no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (21 de xuño a 6 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/o-mundo-ao-rev%C3%A9s