Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > #VersosdeBalda, agora tócache a ti!

#VersosdeBalda, agora tócache a ti!

Data: 
sábado, 22 de Marzo de 2025
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Participa nun obradoiro para aprender a elaborar poemas a partir dos títulos dos libros

Como moitos e moitas sabedes, xa levamos tempo compartindo nas nosas redes sociais os #VersosdeBalda, composicións que creamos a partir dos títulos de libros, xogando coa disposición e combinación das palabras para formar poemas.

Para celebrar o Día mundial da poesía, efeméride que se conmemora cada 21 de marzo dende o ano 2000, convidámosvos a participar nun obradoiro no que vos explicaremos a técnica para compoñer estes textos e vos daremos unha morea de libros para elaborar os vosos propios.

Esta actividade, que se desenvolverá o sábado 22 de marzo ás 11:00 da mañá, está orientada a todos os públicos a partir de 5 anos pero especialmente deseñada para participar en familia, polo que é unha oportunidade perfecta para compartir un tempo de xogo, creatividade e aprendizaxe cos vosos fillos e fillas.

Para participar:

  • Todas as persoas teñen que ter os cinco anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • Reserva a túa praza a partir do martes 18 de marzo ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (21 de xuño a 6 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/versosdebalda-agora-t%C3%B3cache-ti