Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Directas ao espazo

Directas ao espazo

Data: 
sábado, 24 de Maio de 2025
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Actividade para público infantil (a partir de 4 anos) e familiar.

O sábado 24 de maio ás 11:00 teremos na biblioteca unha nova proposta para público infantil e familiar titulada Directas ao espazo, unha historia chea de imaxinación, inspiración e moita ciencia.

A actividade está dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos acompañados das súas familias.

Nesta ocasión coñeceremos unha protagonista moi especial que está convencida de que a mellor mascota do mundo vive no espazo. Para axudala, o seu pai e a súa nai contaranlle a historia de dúas mulleres fascinantes que conseguiron ir directas ata alí: Valentina Tereshkova, primeira muller en viaxar ao espazo, e Sara García Alonso, primeira astronauta española.

Nesta actividade mestúrase narración, humor e divulgación científica para achegar ao público máis novo o valor dos soños e o exemplo de dúas pioneiras da exploración espacial.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 20 de maio ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173.

Agardámosvos para despegar xuntas e xuntos cara o universo!

 

Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler conta moito.

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/directas-ao-espazo