Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Exposición fin de curso de traballos artesanais

Exposición fin de curso de traballos artesanais

martes, 20 de Maio de 2025

Obras de patchwork e de bolillos expostas na biblioteca

Do 2 ao 6 de xuño, a biblioteca acollerá unha exposición moi especial co traballo artesanal das alumnas da tenda Tirahilos [1], que ofrece clases de patchwork e bolillos.

A mostra recolle as creacións de máis de 50 alumnas, con pezas elaboradas ao longo do curso que amosan a creatividade, a dedicación e a beleza destas técnicas. Poderanse ver:

  • De patchwork: cubrepés, colchas, manteis, fundas para libros, bolsos, cadros, delantais…
  • De bolillos: chales, toallas, sabas e outros delicados labores de encaixe.

O horario para visitar a mostra será de 16:00 a 20:00 horas. Durante todo o tempo de apertura sempre haberá algunha das alumnas presente para explicar os procesos e técnicas ás persoas visitantes e, mesmo verémolas traballar en directo, confeccionando novas pezas diante do público.

Ao rematar esta exposición sortearase entre todas as persoas visitantes unha peza confeccionada polas alumnas ao longo da semana.

Non perdas esta oportunidade para achegarte a estas artes e descubrir o talento local. Agardámoste!

 

 

Etiquetas: 
Exposicións
Arte
Artesanía

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/exposici%C3%B3n-fin-de-curso-de-traballos-artesanais

Ligazóns
[1] https://tirahilos.com/