Recuperando tradicións: cantos e ritmos para os nenos e nenas.

Este sábado 14 de xuño ás 11:00, a nosa biblioteca propón unha nova actividade infantil enmarcada na celebración do Día das Letras Galegas 2025, dedicado este ano ás cantareiras tradicionais. Logo do éxito da primeira sesión, continuamos coa nosa aposta pola transmisión da cultura popular ás novas xeracións.
Nesta ocasión, convidamos aos nenos e nenas a descubrir o valor da tradición oral e musical a través dunha proposta participativa e divertida. Compartiremos a experiencia das persoas que realizaron traballo de campo recollendo cantos, historias e saberes populares, e aprenderemos xuntos/as cantigas con percusión tradicional.
Será unha mañá para cantar, tocar e escoitar, coñecendo un pouco máis do noso patrimonio cultural e vivindo en primeira persoa o espírito das cantareiras.
Para participar nesta actividade:
- Os nenos e nenas teñen que ter 4 anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 10 de xuño 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.