Un escape room para valentes

O sábado 13 de setembro ás 11:00 retomamos a nosa programación de actividades infantís. Neste caso a biblioteca converterase nun escenario cheo de misterio e emoción coa actividade Escándalo na biblioteca, un xogo de escape room pensado para nenos e nenas a partir de 8 anos.
Durante esta aventura, os/as participantes converteranse en detectives para resolver un estraño caso que sacudiu á Aula Marabilla do colexio Fantasía. O grupo viña á biblioteca para asistir ao espectáculo do Mago X, pero… algo saíu mal. A luz marcha varias veces e, de súpeto, todo está revolto!
Hai un/ha culpable agochado entre as sombras e precisamos de mentes brillantes e valentes dispostas a descubrir a súa identidade. Os nenos e nenas deberán empregar o seu enxeño para resolver enigmas, atopar pistas e superar retos.
Para participar:
- Os nenos e nenas teñen que ter os oito anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 9 de setembro ás 16:00 horas. Podedes facelo de maneira presencial o chamando ao 981382173.
Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler conta moito.