Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > XA SOMOS 15.000!!

XA SOMOS 15.000!!

venres, 7 de Febreiro de 2014

Xa somos 15.000!!

A familia da biblioteca segue medrando a bo ritmo. Fai uns días demos de alta ao noso usuario número 15.000, un veciño de Xuvia que se viu gratamente sorprendido por esta circunstancia.

Para celebrar esta cifra faremos un pequeno acto de homenaxe o sábado 8 de febreiro ás 12:00 da mañá. Contaremos coa presencia do Alcalde, José Manuel Blanco Suárez, e da Concelleira de Ensino e Bibliotecas, María del Carmen Espada Cortizas.

Ademáis entregaremos os diplomas aos nosos Usuarios de honra 2014, cinco persoas adultas e cinco nenos/as  aos que queremos facer un especial recoñecemento pola súa participación activa na vida da biblioteca durante o ano 2013.

Estades todos convidados/as a este acto.

Fotos premendo aquí. [1]

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/xa-somos-15000

Ligazóns
[1] https://www.flickr.com/photos/108555914@N05/sets/72157640877245883/