Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Estás como unha cabra

Estás como unha cabra

Data: 
sábado, 18 de Abril de 2026
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

O sábado 18 de abril ás 11:00 h recibimos á compañía Lalá Teatro cun espectáculo dirixido a bebés de 6 a 36 meses no que as emocións, a música e os estímulos sensoriais serán protagonistas.

O sábado 18 de abril ás 11:00 h a biblioteca converterase nun espazo cheo de emocións, cores e descubrimentos coa visita da compañía Lalá Teatro, que presentará o espectáculo para bebés de 6 a 36 meses titulado Estás como unha cabra.

A protagonista desta proposta é a Cabra Chiña, que hoxe está algo rara… que lle pasará? Parece que ten un pequeno lío coas emocións, e entre todas as persoas asistentes axudarémola a recoñecelas e poñelas en orde. Ao longo da sesión, exploraranse sentimentos como a alegría, a tristura ou o medo, e descubriranse tamén aquelas cousas que nos axudan a calmarnos e sentirnos mellor.

Será unha experiencia para gozar en familia e achegar aos e ás bebés ao mundo das emocións desde os primeiros meses de vida.

Para participar:

  • Os/as bebés teñen que ter entre 6 e 36 meses e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • Será necesario reservar praza a partir do martes 14 de abril ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173.

 

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de apertura habitual

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30-13:30 e 16:00-21:00

  ► Sábados de 10:00-13:00

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00-20:00

  ► Sábados de 10:00-13:00

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/est%C3%A1s-como-unha-cabra