Contacontos arredor de Begoña Caamaño. Día das letras galegas 2026

A programación especial do Día das letras galegas continúa o sábado 23 de maio ás 11:00 na biblioteca cunha proposta para achegar aos nenos e nenas a figura de Begoña Caamaño dunha maneira divertida, dinámica e participativa.
Da man de Caxoto Contacontos, o espectáculo Eu tampouco navegar convida a viaxar pola palabra contada e a descubrir algunhas das ideas presentes na obra da autora homenaxeada este ano pola Real Academia Galega. A actividade revisa mitos clásicos, introduce pequenas reflexións arredor da igualdade e celebra a forza das nosas letras a través do humor, da narración oral e da imaxinación.
Para participar na actividade:
- Os nenos e nenas teñen que ter os 4 anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 19 de maio ás 16:00 horas. Podedes facelo de xeito presencial ou chamando ao 981382173.





