Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Tempada 2026-2027 dos nosos Clubes de lectura

Tempada 2026-2027 dos nosos Clubes de lectura

venres, 28 de Agosto de 2026

Abrimos o prazo de preinscrición para a nova tempada do Club de lectura xeral e o Club de lectura feminista.

Tras o parón que adoitamos facer no verán das nosas actividades permanentes para público adulto, poñémonos xa en marcha para preparar unha nova tempada de Clubs de lectura na biblioteca.

Club de lectura feminista:

Xuntámonos unha vez ao mes para coñecer, reflexionar e compartir sobre diferentes temas e cuestións desde unha perspectiva feminista a través da lectura de diferentes autoras. As sesións celébranse sempre en xoves de 18:00 a 19:30 h.

Dende o martes 1 ata o xoves 3 de setembro abrimos o prazo de preinscrición nesta actividade na que ofertamos 12 prazas. A preinscrición pode facerse no horario de apertura da biblioteca tanto de maneira presencial como chamando ao 981382173.

O venres 4 de setembro as prazas outorgaranse da seguinte maneira:

  • Se hai un número inferior ou igual de solicitudes que de prazas: adxudicación directa.
  • Se hai un número superior de solicitudes que de prazas: celebrarase un sorteo ás 12:00 da mañá no que poderán estar presentes todas as persoas preinscritas. No sorteo establecerase a orde de outorgamento de prazas e da lista de reservas.

As persoas que obteñan praza nesta actividade serán informadas das lecturas para o primeiro trimestre e poderán levar en préstamo a correspondente á primeira xuntanza.

 As datas para as sesións no primeiro trimestre serán:

  • Xoves 8 de outubro.
  • Xoves 5 de novembro.
  • Xoves 3 de decembro.

 

Club de lectura xeral:

Seguirémonos reunindo un martes ao mes de 19:00 a 20:30 horas para comentar lecturas comúns.

Dende o martes 1 ata o xoves 3 de setembro abrimos o prazo de preinscrición nesta actividade na que ofertamos 12 prazas. A preinscrición pode facerse no horario de apertura da biblioteca tanto de maneira presencial como chamando ao 981382173.

O venres 4 de setembro as prazas outorgaranse da seguinte maneira:

  • Se hai un número inferior ou igual de solicitudes que de prazas: adxudicación directa.
  • Se hai un número superior de solicitudes que de prazas: celebrarase un sorteo ás 12:00 da mañá no que poderán estar presentes todas as persoas preinscritas. No sorteo establecerase a orde de outorgamento de prazas e da lista de reservas.

As persoas que obteñan praza serán informadas ese mesmo día e poderán levar en préstamo a correspondente á primeira xuntanza.

As datas para as xuntanzas no primeiro trimestre serán:

  • Martes 6 de outubro.
  • Martes 3 de novembro.
  • Martes 1 de decembro.

 

 

Etiquetas: 
Club de lectura xeral
Club de lectura feminista

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (do 20 de xuño ao 8 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: De martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/tempada-2026-2027-dos-nosos-clubes-de-lectura