Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > A grandeza do pequeno

A grandeza do pequeno

Data: 
sábado, 19 de Setembro de 2026
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Unha divertida actividade infantil sobre o valor de soñar e decidir.

O vindeiro sábado 19 de setembro, acolleremos na Biblioteca de Narón o espectáculo A grandeza do pequeno, unha actividade infantil da man de Iseo a Moura, unha artista que nos convida a mirar o mundo dende outra perspectiva.

Facerse pequeno mola. Se non, ollade para os dinosauros, moita ansia por medrar e mirade como lles foi…. Con esta divertida reflexión arranca un espectáculo que nos lembra que, ás veces, medrar non é o máis importante.

Vivimos nun mundo que parece empuxarnos constantemente a ser máis grandes, máis rápidos/as e máis fortes. Mais, e se a verdadeira grandeza estivese noutro lugar? A través de historias, humor e imaxinación, os nenos e nenas participantes descubrirán que o que realmente nos fai grandes non é o tamaño, senón a capacidade de soñar, de decidir e de ver o extraordinario nas cousas máis pequenas.

Para participar nesta proposta:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos feitos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 15 de setembro ás 16:00 horas. Podedes facelo de maneira presencial ou chamando ao 981382173 durante o horario de apertura.

Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler conta moito.

 

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres: de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados: de 10:00 a 13:00.

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/grandeza-do-pequeno