Unha biblioteca chea de misterios, enigmas por resolver e un obxectivo común. Seredes quen de descubrilos?

O sábado 3 de outubro ás 11:00 a Axencia municipal da Gándara (situada na Casa da Mocidade) acollerá unha actividade orientada ao público xuvenil, nenos e nenas entre 8 e 16 anos: Escape room: os misterios da biblioteca.
A biblioteca agocha unha serie de misterios que deberán ser resoltos a través da cooperación e o enxeño. Nesta actividade, os mozos e mozas participantes converteranse en protagonistas dun auténtico escape room no que terán que observar, pensar, compartir ideas e traballar en equipo para superar os retos que se lles presenten.
Esta é unha proposta da compañía Ludus Formación e lecer especialmente pensada para o público xuvenil, na que a colaboración e a capacidade para atopar solucións serán fundamentais para conseguir o obxectivo común.
Para participar neste obradoiro:
- Os nenos e nenas teñen que ter entre 8 e 16 anos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 29 de setembro ás 16:00 horas. Podedes facelo de maneira presencial ou chamando ao 981382173 durante o horario de apertura.
Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler conta moito.





