Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Contos miúdos

Contos miúdos

Data: 
sábado, 10 de Outubro de 2026
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Unha maleta chea de contos, xogos e imaxinación para descubrir diferentes formas de contar e vivir as historias.

O sábado 10 de outubro ás 11:00, a Biblioteca Pública Municipal de Narón acollerá Contos miúdos, unha actividade de contacontos dirixida a nenos e nenas a partir de 3 anos, a cargo da contacontos Paula Carrera.

A actividade propón abrir unha maleta moi especial, chea de contos e xogos pensados para as persoas máis miúdas, na que a narración se converte nunha experiencia vivida e compartida.

A través de contos de dedos, contos narrados e cantados, os nenos e as nenas poderán descubrir diferentes formas de contar historias e achegarse ao mundo dos contos dende a participación, o xogo e a imaxinación.

A proposta emprega diversas técnicas para manter a atención, provocar o asombro e convidar a mergullarse no universo das historias, descubrindo que os contos poden contarse e vivirse de moitas maneiras.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os 3 anos feitos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 6 de outubro ás 16:00 horas.

Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler conta moito.

 

 

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres: de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados: de 10:00 a 13:00.

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/contos-mi%C3%BAdos