Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > A nena que comía todos os libros

A nena que comía todos os libros

Data: 
sábado, 24 de Outubro de 2026
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Unha divertida aventura para descubrir que agochan os libros e como podemos aprender con eles.

O sábado 24 de outubro, ás 11:00 horas, celebramos o Día das Bibliotecas cunha proposta moi especial da man de Trémola Teatro: A nena que comía todos os libros, un espectáculo dirixido ao público infantil a partir de 3 anos e ás familias.

Elisa ten un amigo cunha rara afección. Quería ser a persoa máis lista do mundo e sabía que a resposta estaba nos libros. Pero, en vez de lelos, comíaos.

Será posible chegar a ser a persoa máis lista do mundo comendo libros? Acompañaremos a Elisa nesta divertida aventura para descubrir todo o que podemos atopar cando nos mergullamos nunha historia.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os tres anos feitos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É imprescindible reservar praza a partir do martes 20 de outubro ás 20 h, de maneira presencial ou chamando ao 981382173.

Esta é mellor maneira de celebrar o Día das Bibliotecas: rodeadas/os de libros, historias e, esperamos, sen ter que comelos!

 

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres: de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados: de 10:00 a 13:00.

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/nena-que-com%C3%ADa-todos-os-libros