Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > O misterio dos calacús

O misterio dos calacús

Data: 
sábado, 31 de Outubro de 2026
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Actividade lúdica sobre a Noite de Samaín

Achégase o Samaín e na biblioteca agochouse un misterio... os calacús desapareceron! Seremos quen de atopalos?

Preparamos unha actividade para achegármonos á tradición do Samaín en Galicia a través dos contos, os xogos e a creatividade. Comezaremos cunha breve presentación para descubrir que é o Samaín e, a continuación, gozaremos dun conto cheo de misterio.

Despois converteremos a biblioteca nun lugar de busca: teremos que atopar os calacús agochados entre os libros. Cada un deles gardará unha pequena sorpresa para seguir gozando das historias na casa.

E, para rematar, cada nena e cada neno poderá crear o seu propio calacú de Samaín.

Esta actividade terá lugar o sábado 31 de outubro ás 11:00 horas.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos feitos e o carné de rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 27 de outubro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

Será unha actividade para descubrir as tradicións galegas, xogar, escoitar historias e, sobre todo, gozar da biblioteca dun xeito diferente.

 

 

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres: de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados: de 10:00 a 13:00.

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/o-misterio-dos-calac%C3%BAs