Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Moito que limpar

Moito que limpar

Data: 
sábado, 28 de Novembro de 2026
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Espectáculo infantil de contos e cantigas pola igualdade de xénero, o sábado 28 de novembro na Biblioteca Pública Municipal de Narón.

O sábado 28 de novembro ás 11:00 recibimos novamente a Caxoto Contacontos na biblioteca, desta volta co seu espectáculo Moito que contar, dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos.

Caxoto sempre entendeu que os contos, ademais de seren un espazo para a diversión e a fantasía, tamén son unha ferramenta para a educación en valores, como é neste caso a igualdade de xénero. Despois de máis de 20 anos contando historias dende esta perspectiva, o seu repertorio está cheo de contos, dinámicas, cantigas e xogos que nos falan dun mundo no que homes e mulleres teñan os mesmos dereitos e oportunidades.

No espectáculo Moito que limpar, Caxoto recupera a súa personaxe histriónica do varredor para ofrecernos 50 minutos de historias rocambolescas, contos divertidos e cantigas corais interpretadas e gravadas en directo; un espectáculo para imaxinar e construír un mundo no que a igualdade siga sendo un obxectivo fundamental.

A actividade enmárcase na programación da biblioteca con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos feitos e o carné da Rede de bibliotecas.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 24 de novembro ás 16:00 h., de maneira presencial ou no 981382173.

 

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres: de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados: de 10:00 a 13:00.

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/moito-que-limpar