
Durante este ano 2012 asistimos ao grande éxito editorial da saga “Cincuenta sombras”, triloxía de novela erótica da autora británica E.L. James.
As tres novelas que compoñen a serie suman 31 millóns de exemplares vendidos en todo o mundo dende o ano pasado e os nosos lectores/as non son alleos a este fenómeno.
A saga encabeza dende xuño (data da súa publicación en español) a lista dos libros máis emprestados e con máis lista de espera na nosa biblioteca.
Podemos afirmar que as aventuras de Christian Grey e Anastasia Steel puxeron de moda este ano a temática erótica.
Para todos aqueles que aínda estades agardando o turno de empréstito, para os que vos chama a atención a temática, para aqueles que xa líchedes a triloxía e queredes ampliar lecturas… ofrecémosvos dentro de noso catálogo as seguintes novelas:
En castelán:
- El amante / Robin Schone.
 - La atadura / Vanessa Duriès.
 - Besos oscuros / Laurell K. Hamilton.
 - Los cuadernos de don Rigoberto / Mario Vargas Llosa.
 - Las edades de Lulú / Almudena Grandes.
 - Historia de O / Pauline Réage.
 - Historia de una prostituta vienesa / Josefine Mutzenbacher.
 - La lanzadora de cuchillos / José Luis Muñoz.
 - La llave / Junichiro Tanizaki.
 - Memorias de una cantante alemana / Wilhelmine Schroeder-Devrient.
 - No te escondo nada / Sylvia Day.
 - Pubis de vello rojo / José Luis Muñoz.
 - Reflejada en ti / Sylvia Day.
 - Tu nombre escrito en el agua / Irene González Frei.
 - El vampiro de la calle Méjico / Vicente Molina Foix.
 - La vida sexual de Catherine M. / Catherine Millet.
 
En galego:
- Anel de mel / Xulio L. Valcárcel.
 - Infidelicidades / M. Lourenzo González.
 - O lobo da xente / Alberte Momán.
 - Oralmente pola boca / Xosé Cid Cabido.
 - Organoloxía / Eva Moreda.
 - Xeografías / Francisco Castro.
 





