Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Axudámoste a cumprir os teus propósitos para o ano novo!

Axudámoste a cumprir os teus propósitos para o ano novo!

mércores, 5 de Xaneiro de 2011

Unha vez máis a actividade da biblioteca discorre paralela ao acontecer social.

Do mesmo xeito que no verán pasado, cando ofertamos unha serie de títulos relacionados co ocio, o deporte e as viaxes estivais, para este principio de ano tomamos boa conta de que é o que ocupa as mentes dos nosos usuarios adultos para tratar de acompañalos nesta etapa das súas vidas.

Ben é sabido que nos comezos de cada novo ano a maioría da xente fai unha serie de bos propósitos a seguir nos 365 días seguintes. Na biblioteca tentamos averiguar cales son esas boas intencións, esas metas a conseguir, para ofrecervos unha axuda e un apoio no cumprimento dos obxectivos. Para iso fixemos unha pequena selección dos fondos que se axeitan a cada un dos propósitos que consideramos máis comúns.

  • Deixar de fumar
  • Aprender un idioma
  • Facer exercicio
  • Facer dieta/comer saudablemente
  • Aforrar
  • Mellorar e progresar no traballo
  • Ter máis positividade
  • Adicar máis tempo aos problemas dos fillos

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/axud%C3%A1moste-cumprir-os-teus-prop%C3%B3sitos-para-o-ano-novo