Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Príncipas e princesos

Príncipas e princesos

luns, 24 de Novembro de 2014

Este sábado 29 de novembro de 11:00 a 12:00 visitaranos Pablísimo Contacontos co seu espectáculo Príncipas e Princesos.

Príncipas e Princesos é unha divertida reflexión sobre a igualdade a través de contos nos que as princesas son as que loitan cos dragóns mentres os príncipes fan as tarefas domésticas. Está orientado a nenos e nenas a partir de 4 anos.

Reserva a túa praza a partir do luns 24 de novembro ás 16:00 horas. Podes facelo no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173.

Ademáis, dende mañá, 25 de novembro, ata o venres 5 de decembro teremos exposta unha selección de contos sobre a igualdade e a corresponsabilidade. Podes consultar o boletín cunha pequena selección premendo aqui [1]. Na biblioteca agárdante moitos contos máis.

Xa podes ver as fotos desta actividade premendo aqui [2].

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/pr%C3%ADncipas-e-princesos

Ligazóns
[1] https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/contos-para-igualdade-e-corresponsabilidade [2] https://www.flickr.com/photos/108555914@N05/sets/72157649558141195/