Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Día de Rosalía de Castro

Día de Rosalía de Castro

luns, 24 de Febreiro de 2014

Hoxe día 24 de febreiro conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro, unha das principais figuras da nosa literatura.

Rosalía está considerada coma a nai do Rexurdimento galego, xa que tivo a valentía de escribir na nosa lingua nun momento no que a maior parte da sociedade a desprezaba ou, no mellor dos casos, amosaba total indiferencia ante ela.

Para Rosalía a vida non foi de todo doada, tivo moitos pesares que a atormentaron e iso influiu moito na súa maneira de sentir, de pensar e de escribir. O seu carácter feminino e feminista está presente en poemas como o que vos deixo aquí:

Xan vai coller leña ó monte,
Xan vai a compoñer cestos,
Xan vai a podalas viñas,
Xan vai a apañalo esterco,
e leva o fol ó muiño,
e trai o estrume ó cortello,
e vai á fonte por augua,
e vai a misa cos nenos,
e fai o leito i o caldo…
Xan, en fin, é un Xan Completo,
deses que a cada muller
lle conviña un polo menos;
pero cando un buscan un Xan
casi sempre atopa un Pedro.

Se queres coñecer máis sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro, achégate pola biblioteca para ver todos os recursos que temos dispoñibles. Durante esta semana terémolos expostos coma homenaxe a esta gran muller. Foto da exposición. [1]

Ademáis, Rosalía está presente na obra doutros moitos artistas. A cantante galega Uxía adicoulle un disco con cancións inspiradas na súa figura e nos seus poemas. 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/d%C3%ADa-de-rosal%C3%ADa-de-castro

Ligazóns
[1] http://www.flickr.com/photos/108555914@N05/12741842015/