Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Cita a cegas coa biblioteca

Cita a cegas coa biblioteca

venres, 30 de Xaneiro de 2015

Celebra San Valentín deixándote seducir pola biblioteca

Es usuario/a da nosa biblioteca dende fai tempo? Cres que coñeces ben todo o que che pode aportar? Na túa relación coa biblioteca, así coma nas relacións persoais da vida, é importante non deixar nunca de descubrir novas cousas e sorprenderse.

Por que non aproveitas San Valentín para deixarte seducir pola túa biblioteca? Permítelle que te enamore e te enganche outra vez.

Queres celebrar San Valentín con nos?

Durante as pasadas festas navideñas puxemos a disposición dos usuarios/as infantís uns lotes de préstamo sorpresa na nosa biblioteca.

Foron moitas as persoas adultas ás que lles gustou esta iniciativa que se desenvolveu en 2014 por segundo ano consecutivo, e moitas tamén as que nestes dous últimos anos nos suxeriron unha campaña similar para o público adulto.

Agora os/as maiores podedes disfrutar tamén da emoción e o misterio de recibir un lote de materiais especialmente recomendados e seleccionados para vos de maneira personalizada.

Como o faremos?

  1. Pide na biblioteca unha ficha para cubrir cos teus datos (nome, idade, sexo, gustos persoais…).  Podes dar os teus datos verdadeiros para que nos orientemos mellor, pero tamén podes deixar campos sen cubrir ou empregar un pseudónimo.
  2. Deposita a ficha cuberta nunha caixa que teremos dispoñible dende o luns 2 ata o mércores 11 de febreiro.
  3. Baseándonos no teu perfil (ou completamente a cegas se é o caso) seleccionaremos materiais cos que cremos que te poderemos sorprender. Se pos que che gusta a novela histórica (por exemplo), o máis seguro é que non recibas ningunha,  senón materiais relacionados que posiblemente non sabías que existían na nosa biblioteca ou que ao mellor nunca se che ocorreu ler.
  4. Preséntate á cita o venres 13 ou o sábado 14. O teu lote sorpresa agardará especialmente engalanado para a ocasión, coa esperanza de que disfrutedes moito xuntos. Terás que darnos, iso si, o nome ou o pseudónimo baixo o que te citaches.

IMPORTANTE: Lembra que para facer uso do servizo de préstamo tes que ter o carné da biblioteca.

Etiquetas: 
San Valentín
Biblioespazo 2015
Préstamos
Adultos
Actividades

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/cita-cegas-coa-biblioteca