Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Presentación da nova web da biblioteca

Presentación da nova web da biblioteca

venres, 27 de Febreiro de 2015

O venres 27 de febreiro foi presentada publicamente a nova web da Biblioteca Pública Municipal de Narón

A Concelleira de Ensino e Bibliotecas, María del Carmen Espada Cortizas, e a Encargada da Biblioteca, Ainhoa González Rodríguez, na presentación da web á prensa

Tras moitos traballos de deseño, configuración e revisión, o venres 27 de febreiro presentamos ao público a nova páxina web da biblioteca, esta na que te atopas neste momento. A través dela tentaremos mantervos informados/as de todas as novas, eventos, actividades ou servizos que a biblioteca ofrece á cidadanía.

Esperamos que sexa do voso agrado e, sobre todo, que serva a partires de agora como unha importante ferramenta de comunicación entre o servizo e as persoas usuarias. Asimesmo, estaremos encantadas de recibir toda canta aportación, queixa ou suxerencia nos poda servir para mellorar na calidade dos servizos que dende aquí se vos ofrecen.

En breve estará operativa tamén a páxina de Facebook para que podades recibir calquera actualización desta web directamente nos vosos muros.

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/novas/presentaci%C3%B3n-da-nova-web-da-biblioteca