Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Atrapabolboretas

Atrapabolboretas

Data: 
sábado, 28 de Marzo de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Un contacontos para darlle a benvida á primavera

ACTUALIZACIÓN: As prazas para esta actividade esgotáronse o martes 24 de marzo.

O sábado 28 de marzo dámoslle á benvida á primavera cunha sesión de contacontos para nenos e nenas entre 4 e 8 anos. O seu título é Atrapabolboretas e nos manterá ocupados/as entre as 11:00 e as 12:00 da mañá, xa que logo de escoitar o conto adicaremos un ratiño a facer como o seu protagonista e "cazar" algunha bolboreta. Nesta ocasión dámoslle a hora libre aos papás e mamás para que fagan outras cousas mentres nós quedamos na actividade.

Podes reservar a túa praza para esta actividade a partir do luns 23 de marzo ás 16:00 horas, no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173. Lembra que para participar é necesario o carné da biblioteca. Se todavía non o tes, pide axuda a papá ou mamá para descargar a Solicitude [1] e traela cuberta xunto coa documentación que se che indica.

Xa podes ver as fotos desta actividade na Galería. [2]

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/atrapabolboretas

Ligazóns
[1] http://biblioteca.naron.es/sites/default/files/Solicitude%20de%20carn%C3%A9_0.pdf [2] http://biblioteca.naron.es/gl/galeria-imaxes/278