Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Comezamos as visitas escolares

Comezamos as visitas escolares

venres, 24 de Abril de 2015

Durante os meses de abril, maio e xuño recibiremos a visita de diferentes aulas dos centros educativos do noso concello.

O Concello de Narón, a través do Servizo sociocomunitario municipal, ofrece aos centros educativos unha serie de Recursos de apoio á escola entre os que se atopan as visitas guiadas á biblioteca.

Este ano ofrecéronse as visitas a todos os grupos de 2º de educación primaria e 1º de educación secundaria. Logo de recibir as correspondentes solicitudes elaboramos un calendario que arrinca hoxe coa visita do CEIP Ponte de Xuvia. O alumnado de 2ª de educación primaria e as súas dúas mestras percorreron o edificio da man de Susana, que lles amosou as súas tres plantas explicándolles os servizos e recursos que nelas se atopan.

Ademáis rematamos a visita contando Andrés cabeza abaixo, de Pablo Albo, un conto que lles encantou aos nenos e nenas. De seguro han volver para coller en préstamo este e moitos outros!

Nos minutos finais deixamos que os nenos e nenas explorasen as estanterías do fondo infantil para descubrir todos os tesouros que agochan.

Etiquetas: 
Visitas escolares
Recursos de apoio á escola

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/comezamos-visitas-escolares