Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Visita guiada á exposición O primeiro Picasso

Visita guiada á exposición O primeiro Picasso

xoves, 30 de Abril de 2015

Unha visita guiada pola exposición O primeiro Picasso no Museo de Belas Artes da Coruña, para os/as usuarios da nosa biblioteca.

O Museo de Belas Artes da Coruña acolle dende o pasado 20 de febreiro O primeiro Picasso [1], unha exposición que fai un percorrido pola vida e a obra do pintor durante os catro anos que viviu na Coruña e que conmemora o 120 aniversario da súa primeira exposición.

O museo ofrece aos usuarios/as da nosa biblioteca a oportunidade de facer unha visita guiada pola exposición o sábado 16 de maio, para a que será imprescindible reservar praza.

Quen pode participar? persoas de todas as idades.

A que hora é a visita? a visita comeza as 11:50 e dura unha hora aproximadamente. Deberedes estar na entrada como moi tarde ás 11:40.

Como reservar praza? a partir do luns 4 de maio ás 16:00 horas no mostrador de préstamo ou chamando ao 981 382 173. O prazo remata o sábado 9 de maio ou no momento no que se cubran as prazas dispoñibles.

Está incluido o transporte? as persoas interesadas na visita debedes desprazarvos pola vosa conta ata o museo.

Ademáis, a biblioteca organiza un contacontos-obradoiro [2] o sábado anterior para espertar entre os máis pequenos/as da familia a curiosidade pola figura de Picasso.

Etiquetas: 
Exposicións
Visitas guiadas
Picasso
Museo de Belas Artes da Coruña

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/visita-guiada-%C3%A1-exposici%C3%B3n-o-primeiro-picasso

Ligazóns
[1] http://laexposicion2015.coruna.es/gl/exposicion.html [2] http://biblioteca.naron.es/gl/actividades/eventos/nicasso-un-pintor-de-brocha-gorda