Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Exposición Galicia-Cabo Verde : unha irmandade

Exposición Galicia-Cabo Verde : unha irmandade

luns, 25 de Maio de 2015
Unha das fotografías da exposición
Unha das fotografías da exposición

A nosa biblioteca acolle dende o luns 25 de maio ata o sábado 6 xuño a exposición itinerante Galicia-Cabo Verde : unha irmandade, pertencente ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [1] é unha asociación de Concellos e Deputacións de Galicia que, por medio do traballo en rede e co apoio institucional da Xunta de Galicia, leva 16 anos realizando proxectos de cooperación internacional, defendendo e promovendo os Dereitos Humanos Universais nos países menos desenvolvidos ou máis empobrecidos.

A entidade organizou no ano 2012 a primeira edición do concurso fotográfico Imaxes con fondo. O ferrolán Rober Amado resultou gañador do concurso e emprendeu unha viaxe dun mes por seis das dez illas que compoñen o arquipélago caboverdiano. As fotografías que compoñen a exposición Galcia-Cabo verde reflicten a vida diaria das persoas que se viron beneficiadas polos proxectos apoiados polo Fondo Galego. A través delas podemos achegarnos á realidade do país.

Podedes visitar a exposición durante o noso horario de apertura habitual.

Etiquetas: 
Exposicións
Fotografías
Cabo Verde
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Biblioespazo 2015

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (21 de xuño a 6 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/exposici%C3%B3n-galicia-cabo-verde-unha-irmandade

Ligazóns
[1] http://www.fondogalego.org/web/