Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Obradoiro infantil de audiovisuais. Time lapse

Obradoiro infantil de audiovisuais. Time lapse

Data: 
sábado, 10 de Outubro de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Un obradoiro para nenos e nenas a partir de 6 anos que terá como resultado un divertido vídeo co que conmemorar o Día da biblioteca.

ACTUALIZACIÓN: Xa podes ver as fotografías do proceso de creación do vídeo na Galería. [1]

Achégase a data na que celebramos o Día da biblioteca e queremos facelo por todo o alto.

Lembras o lip-dub que fixemos fai un ano [2]? Pasámolo en grande preparando este obradoiro cos nenos e nenas participantes.

Este ano queremos facer algo igual de divertido. Nesta ocasión será un vídeo realizado coa técnica de Time lapse. Unha cámara fixa faranos unha chea de fotos mentres traballamos nun proxecto. O resultado de unir todas as fotos será o noso vídeo conmemorativo.

Traballaremos no obradoiro o sábado 10 de outubro de 10:00 a 11.45 e o vídeo presentarase en torno ao día 24, Día da biblioteca.

Anímaste a participar? Estes son os requisitos:

  • Ter 6 anos ou máis.
  • Ter o carné da biblioteca.
  • Reservar praza a partir do luns 5 de outubro ás 16:00 horas. Podes facelo no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173.
  • Ter asinada a autorización para a publicación de imaxes de menores de idade.

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/obradoiro-infantil-de-audiovisuais-time-lapse

Ligazóns
[1] http://biblioteca.naron.es/gl/galeria-imaxes/357 [2] https://www.youtube.com/watch?v=za1OevponL8