Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Obradoiro de audivisuais para adultos. Light painting.

Obradoiro de audivisuais para adultos. Light painting.

Data: 
sábado, 10 de Outubro de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Obradoiro sobre a técnica fotográfica do light painting.

Ao igual que fixemos o ano pasado con vídeo de Stop motion [1], este ano queremos celebrar o Día da biblioteca (24 de outubro) cun obradoiro de audiovisuais para adultos.

Desta volta a modalidade a desenvolver será a técnica fotográfica do Light painting. Con esta curiosa forma de pintar con luz directamente nas fotografías podemos acadar imaxes moi chamativas e orixinais. Déixovos o enlace a un artigo [2] que explica de maneira moi sinxela en que consiste esta técnica e no que podedes ver algún exemplo.

O obradoiro terá lugar o sábado 10 de outubro de 11:45 a 13:30. As imaxes que obteñamos estarán expostas en torno ao 24 de outubro, Día da biblioteca, para conmemorar esta data.

Para participar neste actividade teredes que reservar praza a partir do luns 5 de outubro ás 16:00 horas. Podedes facelo no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173.

Se tedes fillos/as (a partir de 3 anos) poden quedar con nos mentres participades no obradoiro. Teremos preparadas varias actividades para facer con eles.

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/obradoiro-de-audivisuais-para-adultos-light-painting

Ligazóns
[1] https://www.youtube.com/watch?v=zc5je7jDzBQ [2] http://www.blogdelfotografo.com/consejos-fotografia-lightpainting/