Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Un Nadal creativo

Un Nadal creativo

xoves, 26 de Novembro de 2015

Este Nadal decoramos a biblioteca cun pedaciño de vos.

As festas de Nadal están pretiño e, do mesmo xeito que decorades os vosos fogares, gustaríanos que o fixesedes coa biblioteca pública, que é tamén a vosa casa.

Para elo gustaríanos que troxesedes un adorno de Nadal feito coas vosas mans. Podedes crealo a partir de cero ou levar da biblioteca unha bola para personalizar. Cubrídea de purpurina, forrádea de tela, envolvédelle un lazo, pegádelle papel de xornal, pintádea co aerosol que vos sobrou do Samaín, poñédelle orellas de rato ou gorro de Apalpador..O resultado será un adorno persoal co que expresar o voso agarimo pola biblioteca.

 

Podedes inspirarvos botando un ollo ás ideas que nos ofrecen nestas páxinas:

20 orixinais bolas de Nadal que ti podes facer [1]

Decorar bolas de Nadal [2]

Manualidades navideñas con esferas [3]

 

Esta fantástica idea recollímola nos nosos compañeiros dos Centros Comunitarios de Narón.

 

 

Etiquetas: 
Nadal
Decoración

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/un-nadal-creativo

Ligazóns
[1] http://trucosyastucias.com/decorar-reciclando/bolas-de-navidad [2] http://manualidades.facilisimo.com/decorar-bolas-de-navidad [3] http://manualidadesnavidad.org/de/esferas/