Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Ibáñez, o mago do humor

Ibáñez, o mago do humor

luns, 14 de Decembro de 2015

O Museo do Humor de Fene ofrece aos usuarios da nosa biblioteca unha visita guiada na mostra Francisco Ibáñez, o mago do humor

Ata o 30 de xaneiro o Museo do Humor de Fene [1] acolle unha mostra sobre a traxectoria artística de Francisco Ibáñez, pai dalgún dos personaxes máis coñecidos dos tebeos españois.

O museo ofrece aos usuarios/as da nosa biblioteca a oportunidade de facer dúas visitas guiadas:

  1. O luns 21 de decembro ás 19:30 horas.
  2. O luns 28 de decembro ás 10:00 horas.

Quen pode participar? persoas de todas as idades. É unha actividade perfecta para realizar en familia.

Como reservar praza? podedes reservar as vosas prazas a partir do martes 15 de decembro ás 9:30 no mostrador de préstamo ou chamando ao 981 382 173 en horario de apertura.  Non esquezades indicar en cal das dúas visitas queredes participar.

Canto custa a entrada? a actividade é de balde.

Está incluido o transporte? as persoas interesadas na visita debedes desprazarvos pola vosa conta ata o museo.

 

 

Etiquetas: 
Francisco Ibáñez
Museo do humor de Fene
Visitas guiadas
Cómics
Exposicións

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/ib%C3%A1%C3%B1ez-o-mago-do-humor

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/museodohumorfene/