Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Envés, exposición de fotografías de Montse Funcasta

Envés, exposición de fotografías de Montse Funcasta

venres, 29 de Xaneiro de 2016

A colección de fotografías Envés, de Montse Funcasta, estará exposta durante todo o mes de febreiro na biblioteca

MONTSE FUNCASTA

Montse López Funcasta (Vilalba, 1973), comezou coa súa aficción á fotografía fai uns cinco anos na “Casa da muller” de Ferrol.

Dende entón realizou varios cursos monográficos especializados (iluminación, composición fotográfica, procesado con Photoshop, lightpainting…) da man de fotógrafos xa experimentados como Daniel Lois, Alicia Seoane Orro, Eduardo Pérez Gil, Fran Nieto, Simón López, Carlos Caraglia, Gimena Berenguer e Rocío Brage, coa que segue formándose en Cursos Avanzados de Fotografía na Universidade da Coruña, Campus de Ferrol.

A súa colección Espacios revelados foi exposta na sede do PSOE en Ferrol. No Centro cívico de Caranza expuxo Caranza a través do tempo e no Café-bar Las Palmeras, de Ferrol, Envés, a exposición da que agora podemos disfrutar na nosa biblioteca.

Ademáis, os seus traballos pódense ver:

  • No Restaurante D’Ge en Esteiro. Colección cedida de maneira permanente.
  • En Ferrol Spain [1]: perfil de Facebook onde publica diariamente os seus traballos sobre Ferrol e Comarca.
  • En Montse Funcasta Fotografía [2]: páxina de Facebook onde publica principalmente paisaxe e retrato.

ENVÉS

Da combinación de paisaxe e retrato xorde Envés, unha colección de quince fotografías nas que Funcasta plasma a unha deportista nun entorno urbán, alleo ao seu centro deportivo.

A protagonista destas imaxes é a naronesa Erea Castro, ximnasta pertencente desde os catro anos ao Club Acordes, co que participa a nivel individual e en conxuntos. Coas súas compañeiras acadou a medalla de bronce no último Campeonato do mundo de ximnasia estética de grupo.

Podedes ver a exposición durante todo o mes de febreiro en horario de apertura da biblioteca:

  • Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 horas.
  • Sábados de 10:00 a 13:00 horas.

 

 

Etiquetas: 
Fotografía
Exposicións
Montse Funcasta
Envés

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (21 de xuño a 6 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/env%C3%A9s-exposici%C3%B3n-de-fotograf%C3%ADas-de-montse-funcasta

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/ferrol.spain?fref=ts [2] https://www.facebook.com/montsefuncasta.es/?fref=ts