Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Día de Rosalía

Día de Rosalía

Data: 
mércores, 24 de Febreiro de 2016
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Lectura pública da obra de Rosalía de Castro.

O mércores 24 de febreiro celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cunha lectura pública da obra da nosa gran poeta.

O acto contará coa presenza e a participación do noso alcalde, José Manuel Blanco Suárez e a Concelleira de ensino e bibliotecas, Mercedes Taibo Rey e se desenvolverá entre as 11:45 e as 12:45 da mañá.

Dende a biblioteca queremos animar a toda a cidadanía a participar neste acto de reivindicación dunha das figuras máis importantes da nosa literatura. Podedes traer o voso texto preferido preparado ou ben elexir na biblioteca algún dos que teremos seleccionados para facilitarvos a tarefa.

Agardamos a vosa participación nesta xornada de celebración na que, ademáis, daremos a benvida oficial ao noso usuario número 16.000.

Os actos de conmemoración do Día de Rosalía continuarán o venres 26 cunha sesión de contacontos para nenos e nenas entre 4 e 8 anos: A paisaxe de Rosalía. [1]

 

 

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/d%C3%ADa-de-rosal%C3%ADa

Ligazóns
[1] http://biblioteca.naron.es/gl/actividades/eventos/paisaxe-de-rosal%C3%ADa