Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Os contos da nosa vida

Os contos da nosa vida

martes, 22 de Marzo de 2016

Libros da literatura infantil e xuvenil escollidos polos usuarios e usuarias da nosa biblioteca

En moitas das fichas de préstamo dos nosos nenos e nenas figura repetidamente un mesmo número de rexistro de libro. Case todos/as teñen un conto favorito que nunca se cansan de escoitar, para moitos e moitas existe un conto especial do que se saben todo o texto; aquel que os entusiasmou tanto que sempre vai quedar na súa memoria.

As persoas adultas tamén sabemos moito diso. Quen non lembra un conto que marcou a súa infancia? aquel contiño que nos contaban con tanta paciencia unha e mil veces ou aquel outro que descubrimos da man dun amigo e que sempre nos lembrará a el.

Para celebrar o Día internacional do libro infantil e xuvenil queremos que grandes en pequenos/as nos faledes deses libros que marcaron a vosa nenez. Podedes pedir na biblioteca a plantilla que teredes que cubrir ou ben descargala de aquí. [1]

Ata o sábado 2 de abril recolleremos todas as plantillas e comezaremos a dar forma a un catálogo feito entre todos e todas vós, unha selección dos contos máis especiais para os usuarios/as máis especiais. O catálogo estará sempre dispoñible na biblioteca e en liña.

 

Etiquetas: 
Contos
Literatura infantil e xuvenil
Seleccións
Recomendacións
Biblioespazo 2016

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/os-contos-da-nosa-vida

Ligazóns
[1] http://www.slideshare.net/BiblioNaron/o-conto-da-mia-vida