Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Moito conto

Moito conto

Data: 
sábado, 2 de Abril de 2016
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos para celebrar o Día internacional do libro infantil e xuvenil

ACTUALIZACIÓN: As prazas para esta actividade esgotáronse o xoves 31 ás 11:00 horas.

O sábado 2 de abril ás 11:00 da mañá celebramos o Día internacional do libro infantil e xuvenil da man da Asociación Cucarandainas, que nos traen o seu espectáculo Moito conto.

Moito conto é unha sesión de narración oral participativa na que, a partir dun conto literario, os nenos e nenas xogan á dramatización da historia. A narradora guiará a representación e os espectadores pasarán a formar parte activa dela como personaxes ou ambientación espacial ou sonora. De seguro ha ser moi divertido.

A actividade está orientada a público a partir de 3 anos e para participar tan só é necesario:

  • Ter o carné da biblioteca.
  • Reservar praza a partir do martes 29 de marzo ás 9:30 da mañá. Podedes facelo no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173 en horario de apertura.

Esta non é a única actividade conmemorativa do Día do libro infantil e xuvenil. Animámosvos a todos/as (nenos/as e adultos) a participar na elaboración de Os contos da nosa vida.  [1]

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (21 de xuño a 6 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/moito-conto

Ligazóns
[1] http://biblioteca.naron.es/gl/catalogo/post/os-contos-da-nosa-vida