Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Abril, mes de bookcrossing

Abril, mes de bookcrossing

luns, 4 de Abril de 2016

Liberación de libros en espazos públicos de Narón durante o mes de abril.

Hoxe presentámosvos outra das actividades coas que estamos a celebrar o Día internacional do libro infantil e xuvenil e o Día internacional do libro.

Trátase de varias xornadas de bookcrossing que se espallarán durante todo o mes de abril.

Que é o bookcrossing?

O bookcrossing é unha actividade que consiste en liberar libros en espazos públicos para que sexan atopados por outras persoas que, á súa vez, os deixen libres despois de lelos. Podemos facer un seguimento dos nosos libros liberados, que nalgunhas ocasións poden chegar a dar a volta ao mundo.

Que faremos na biblioteca?

Temos seleccionados cincuenta libros (para bebés, infantís, xuvenís e de adultos/as) para liberar en espazos públicos do noso concello.

Cada martes e xoves de abril liberaremos seis libros en tres espazos diferentes e publicaremos en www.bookcrossing.es [1] as notas de liberación para que saibades onde tedes que ir buscalos.

Que tedes que facer vos?

Estade moi atentos/as cada martes e xoves para saber que libros podedes atopar en cada espazo.

Cando atopedes un dos libros liberados, correde a publicar o achado na páxina web e, despois de lelo, deixade que siga a súa viaxe.

 

Aquí tedes un enlace a un artigo [2] que explica moi ben en que consiste o bookcrossing e que é o que se espera das persoas que participan neste gran club mundial.

Se precisades axuda para inscribirvos ou facer calquera xestión non dubidedes en pasarvos pola biblioteca. Estaremos encantadas de axudarvos.

 

Etiquetas: 
Bookcrossing

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (21 de xuño a 6 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/abril-mes-de-bookcrossing

Ligazóns
[1] http://www.bookcrossing.es [2] http://www.alquiblaweb.com/2013/05/08/que-es-y-como-funciona-bookcrossing/