Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Campaña "Grazas, biblioteca"

Campaña "Grazas, biblioteca"

martes, 21 de Xuño de 2016

Axuda a que a túa biblioteca aumente a súa colección de libros.

A misión que perseguen tanto bibliotecas como bibliotecarios/as a diario é axudar á comunidade lectora a ampliar os seus coñecementos e a enriquecerse de cultura. O proxecto Cupones Mágicos e Casa del Libro, unha das cadeas de librarías máis importantes de España, organizan a campaña “Grazas, biblioteca” para agradecerlles o seu traballo. Para elo escribe un comentario ou pequena historia acerca do seguinte tema:

“Cousas que aprendín grazas á miña biblioteca”

Todas as persoas que participen recibirán un cupón de 5% de desconto para aforrar na compra de libros en Casa del Libro. Ademáis, só por participar poderán gañar un dos tres eReaders Kindle de Amazon que sortean.

Á biblioteca que reciba as historias máis emotivas e orixinais por parte dos seus lectores/as faráselle entrega dun cheque por valor de 400 euros para comprar exemplares en Casa del Libro e aumentar así a súa colección.

Quen pode participar?

Todos os usuarios/as maiores de 10 anos que acudan normalmente a algunha biblioteca en España.

Pasos para participar:

  1. Rexístrate: completa o formulario de rexistro que atoparás na páxina https://www.rebatly.com/es/backstage/gracias-biblioteca [1] ata o 3 de xullo de 2016.
  2. Unha vez que reciban a túa mensaxe, a túa biblioteca quedará automaticamente rexistrada na campaña. 
  3. O 8 de xullo anunciarase o nome da biblioteca gañadora e dos participantes que enviasen as mellores historias. 
  4. Todas as persoas participantes recibirán o cupón de desconto para casadellibro.com [2] o 8 de xullo. Se lles enviará ao enderezo de correo electrónico que facilitaron ao rexistrarse.

Participa e axuda á que a túa biblioteca aumente a súa colección de libros en https://www.rebatly.com/es/backstage/gracias-biblioteca [1]!

Se tes calquera dúbida ou pregunta acerca da campaña "Grazas, biblioteca", non dubides en poñerte en contacto cos seus organizadores en campaign@cuponesmagicos.com [3].

 

 

 

Etiquetas: 
campañas
Sorteos
concursos
Bibliotecas
Usuarios/as

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/campa%C3%B1a-grazas-biblioteca

Ligazóns
[1] https://www.rebatly.com/es/backstage/gracias-biblioteca [2] http://www.casadellibro.com/ [3] mailto:campaign@cuponesmagicos.com