Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Club de Lectura Fácil

Club de Lectura Fácil

venres, 9 de Setembro de 2016

Un novo espazo de encontro a partir de outubro

A partir do próximo mes de outubro, a Asociación Nuestra Señora de Chamorro [1] ofrece a todas aquelas persoas que queiran participar, un Club de “Lectura Fácil”.

Que é a Lectura Fácil?

A lectura fácil é unha adaptación de libros, documentos administrativos, páxinas web, etc que permite unha lectura e unha comprensión máis sinxela dun contido, eliminando barreiras para a comprensión, a aprendizaxe e a participación.

Esta adaptación faise segundo as directrices internacionais da IFLA [2] (Federación Internacional de asociacións e institucións bibliotecarias) e de Inclusion Europe en canto á linguaxe, o contido e a forma.

A Asociación Lectura Fácil revisa a adaptación destes materiais e os valida co logo LF.

A quen vai dirixida?

Diríxese a todas as persoas, especialmente a aquelas que teñen dificultades lectoras, xa sexan:

  • transitorias (poboación inmigrante que non fala as nosas linguas, persoas con incorporación tardía á lectura, escolarización deficiente…) ou
  • permanentes (persoas con trastornos da aprendizaxe, con diversidade funcional, senilidade, discapacidade auditiva…)

 

Por que é necesaria a LF?

  • Porque o acceso á lectura e á información é un dereito e unha necesidade social.
  • Porque ler permite compartir ideas, pensamentos e experiencias.
  • Porque moitos textos teñen un exceso de tecnicismos, sintaxe complexa e presentación pouco clara.
  • Porque máis do 30% da poboación ten dificultades lectoras.

 

Que faremos na biblioteca?

Organizaranse varios grupos que se reunirán unha vez ao mes para compartir a lectura de materiais catalogados como Lectura Fácil.

Prazo de inscrición:

Para participar é necesario ter 18 anos cumpridos e inscribirse na biblioteca a partir do martes 13 de setembro. Se o prefieres tamén podes chamar por teléfono ao 981382173.

Presentación da actividade:

Na semana entre o luns 26 e o venres 30 de setembro convocaremos ás persoas inscritas a unha xuntanza para a presentación da actividade, co fin de resolver todas as posibles dúbidas e establecer a data de comezo do club de lectura.

Comezo da actividade:

Tras a xuntanza de presentación e tendo en conta as opinión das persoas participantes, establecerase unha data de inicio dentro da primeira semana de outubro.

 

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A LECTURA FÁCIL:

Asociación Lectura Fácil. [3]

Wikipedia. [4]

 

Etiquetas: 
Lectura Fácil
Club de lectura
Adultos
Asoc. Ntra. Sra. de Chamorro

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/club-de-lectura-f%C3%A1cil

Ligazóns
[1] http://www.asociacionchamorro.org/ [2] http://www.ifla.org/files/assets/hq/publications/professional-report/120-es.pdf [3] http://www.lecturafacil.net/es/ [4] https://es.wikipedia.org/wiki/Lectura_f%C3%A1cil