Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > A construción do xénero e os réximes de propiedade: un relato alternativo.

A construción do xénero e os réximes de propiedade: un relato alternativo.

luns, 21 de Novembro de 2016

Faladoiro co que conmemoramos o Día Internacional contra a violencia de xénero.

 

Este venres 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a violencia de xénero cun faladoiro que leva por título A construción do xénero e os réximes de propiedade: un relato alternativo.

"Explicáronnos a historia como unha secuencia de feitos naturais, case biolóxicos, dos que indefectiblemente se deriva unha orde social, un estado de cousas. Así, o patriarcado pareceu ser algo necesario e non continxente. Dalgún xeito, desas premisas infírese que combatelo pode achegarnos a un estado máis civilizado mais que tamén pode implicar ir contra natura. Con todo, non só ese relato que nos presentaron como verdade única, tamén os propios conceptos empregados, son meras proxeccións do paradigma actual. A partir da análise do xénero como función subalterna e da súa relación coa existencia e xestión da propiedade, nesta conferencia proponse unha revisión e un axuste dese mito".

O faladoiro correrá a cargo de Rebeca Baceiredo.

Rebeca Baceiredo (Ourense, 1979) é licenciada en Ciencias da Comunicación e doutora en Filosofía coa tese Achegas onto-éticas para a liberación do suxeito. Unha aproximación a partir da filosofía de Gilles Deleuze, obra coa que acadou o Premio extraordinario de doutoramento. Foi galardoada ademáis co Premio Ramón Piñero de Ensaio 2005 por O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo, e co Premio AELG ao mellor ensaio por A revolución non vai ser televisada.

Esta actividade desenvolverase o venres 25 de 19:00 a 20:00 horas na sala de conferencias da segunda planta e é totalmente libre (ata completar aforo) e de balde.

 

 

Etiquetas: 
feminismo
Violencia de xénero
igualdade
Patriarcado

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (21 de xuño a 6 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/construci%C3%B3n-do-x%C3%A9nero-e-os-r%C3%A9ximes-de-propiedade-un-relato-alternativo