Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Outro ano máis, axudamos aos Reis Magos

Outro ano máis, axudamos aos Reis Magos

luns, 12 de Decembro de 2016

A biblioteca participa na campaña de recollida de xoguetes para este Nadal

Dende o pasado 2 de decembro e ata o 23 de decembro, o Concello de Narón abre o prazo de solicitude de xoguetes para as familias máis desfavorecidas do noso concello. A entrega de xoguetes ás familias realizarase o 4 de xaneiro entre as 16:30 e as 20:00 horas na nave do Centro de Recursos Solidarios Narón e para iso precisamos a colaboración de toda a veciñanza, que pode colaborar:

1) Aportando algún xoguete para a campaña, dende o 12 ata o 30 de decembro nos distintos puntos de recollida:

Biblioteca municipal do Alto en horario de luns a venres de 9:30-13:30 e de 16:00-21:00 h e os sábados de 10:00-13:00 h

Escolas infantís municipais da Solaina, Piñeiros e Gándara.

Centro de recursos solidarios de Narón en horario de: luns, martes, xoves e venres de 9:30-13:30 h e mércores de 16:30 a 20:00 horas.

Academia September (Estrada de Castela,833, baixo dereita) neste caso só ata o 23 de decembro.

Festival de Fojeteiros o día 17 de decembro a partir das 17:00 h na Praza de Galicia. Tamén se recollerá alimentación.

2) Colaborando como voluntarios/as co Centro de Recursos Solidarios, a través do cal se almacenarán, clasificarán e distribuirán os xoguetes para que todos os nenos e nenas teñan un agasallo o día de Reis. 

Se queredes participar como voluntarios/as, poñédevos en contacto coa entidade a través do correo electrónico crsnaron@gmail.com [1]

 

Etiquetas: 
Nadal Solidario
Recollida de xoguetes
Reis Magos

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (21 de xuño a 6 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/outro-ano-m%C3%A1is-axudamos-aos-reis-magos

Ligazóns
[1] mailto:crsnaron@gmail.com