Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Reto lector 2017

Reto lector 2017

mércores, 21 de Decembro de 2016

Aceptas o reto de ler 24 libros durante o vindeiro ano?

Para todas esas persoas ás que lles custa un chisco ler, para aquelas outras indecisas que nunca saben onde escoller, para aquelas que len só un determinado xénero e están abertas a máis posibilidades e,sobre todo, para as persoas aventureiras ás que lles gustan os desafíos… Para todas vai o noso Reto Lector 2017.

Con que obxectivo lanzamos o reto?
  • Para lograr ler 24 libros nun ano.
  • Para ampliar os xéneros e temáticas das nosas lecturas.
  • Para participar dun desafío con máis persoas.
  • Para coñecer os gustos doutros lectores e lectoras e, ao mesmo tempo, poder facerlles suxerencias.
En que vai consistir?

Dende a biblioteca faremos unha proposta de lectura para cada quincena de cada mes.

  1. Para a primeira quincena escolleremos un reto obxectivo do que poder ofrecervos varias opcións. Teredes á vosa disposición unha selección de textos que se axusten á proposta ofrecida (por exemplo: libros escritos por autores/as premiados co Nobel de Literatura).
  2. Para a segunda quincena a proposta será máis subxectiva e cada un e unha de vós deberá escoller a lectura cun criterio baseado na propia experiencia ou vivencias (por exemplo: o libro favorito do teu pai ou da túa nai).

A proposta para cada quincena publicarase nas nosas redes sociais Facebook [1] e Twitter [2] para que todos e todas podades seguir o reto incluso sen necesidade de vir á biblioteca. Ademáis, deste xeito poderedes comentar entre vos as vosas lecturas e establecer un diálogo que de seguro será moi enriquecedor.

Anímaste a seguir o reto? Séguenos na redes sociais e permanece atento/a para descubrir o primeiro dos retos, que será publicado o domingo 1 de xaneiro.

 

 

Etiquetas: 
Reto lector
Seleccións
Redes sociais

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/reto-lector-2017

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/bpmdenaron [2] https://twitter.com/bibliotecanaron