Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Fóra sancións!!

Fóra sancións!!

luns, 2 de Xaneiro de 2017

Comezamos o ano con bo pé anulando as sancións dos préstamos

Estreamos un novo ano e facémolo cunha chea de bos propósitos. Un deles é sumarse ao Reto Lector 2017 [1] que xa temos en marcha e outro ben podería ser devolver os libros da biblioteca dentro do prazo.

Como moitos e moitas de vos sabedes, cando devolvedes un libro ou calquera outro documento da biblioteca fóra de prazo, o noso sistema de xestión aplica sancións que se traducen en dous días sen poder facer uso do préstamo por cada día de retraso.

Para comezar este ano con bo pé e que todos e todas podades sumarvos aos dous propósitos, durante as tres primeiras semanas de 2017 (do luns 2 ao sábado 21 de xaneiro):

  • non aplicaremos sancións aos préstamos devoltos con retraso.
  • aquelas persoas que estedes sancionadas nestes momentos, poderedes solicitar a anulación da sanción e empezar a facer uso outra vez do servizo de préstamo. (As sancións vixentes só se anularán baixo solicitude).

E para que as persoas que teñen préstamos de fai anos vexan que estamos desexando que volten á biblioteca (os libros e eles/as) outorgaremos a finais de mes un premio ao préstamo devolto con máis demora.

 

 

 

Etiquetas: 
Préstamos
Sancións
Bos propósitos 2017
Ano novo

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/f%C3%B3ra-sanci%C3%B3ns

Ligazóns
[1] http://biblioteca.naron.es/gl/catalogo/post/reto-lector-2017