Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Cita a cegas

Cita a cegas

xoves, 9 de Febreiro de 2017

Celebra San Valentín deixándote conquistar por unha lectura

Nunca se sabe onde podemos atopar o amor da nosa vida e moitas veces xorde da maneira máis inesperada.

Quen che ía a dicir a ti, que che gustan as loiras de pelo longo, que acabarías perdidamente namorado dunha clon de Audrey Hepburn? Ou a ti, que sempre suspiraches por Brad Pitt, que acabarías compartindo a túa vida co curmán de Mortadelo (que non é tan ben parecido, pero vaia se che fai rir!).

Coa literatura pasa o mesmo que co amor; témonos que deixar de prexuízos, abrir as nosas miras e non xulgar a un libro pola súa portada cando todos e todas sabemos que a beleza está no interior.

Na biblioteca dámosche a oportunidade de namorarte nunha cita a cegas coa literatura.

 

A quen vai dirixida esta proposta?

A público adulto, a partir de 14 anos.

 

Que se pretende?
  • Rachar prexuízos en canto a lecturas.
  • Dar visibilidade a obras que quedan eclipsadas entre novidades comerciais e literatura de moda.
  • Ofrecer a oportunidade de que un autor ou autora descoñecidos che sorprendan.
  • Descubrir o interese por novas disciplinas.

 

En que consiste a cita a cegas?

O luns 12 e o martes 13 de febreiro haberá unha selección de libros agardando por unha cita contigo.

Os libros estarán envoltos para que non podas ver de que exemplar se trata. No envoltorio levarán unha serie de pistas en forma de etiquetas para que che sexa máis doado decidirte por un ou por outro.

Entre os libros seleccionados haberá unha gran diversidade de autores/as, xéneros, temáticas e formatos.

Escolle un e lévao para a túa casa, amósalle ese espazo no que te sintes cómodo/a para ler, desvísteo e déixate seducir.

 

Esperamos que consigas o ansiado frechazo literario!

 

 

 

Etiquetas: 
San Valentín
Cita a cegas
Seleccións
Recomendacións
Biblioespazo 2018

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/cita-cegas