Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Estreamos un novo espazo

Estreamos un novo espazo

martes, 28 de Febreiro de 2017

A sección infantil e a bebeteca terán un espazo propio na planta sótano

A partir do sábado 4 de marzo ampliamos os espazos da biblioteca co traslado á planta sótano da sección infantil e a bebeteca.

O obxectivo da apertura desta nova planta é que os nenos e nenas teñan o seu propio espazo onde gozar de todos os materiais que a biblioteca pon á súa disposición e poder facelo dunha maneira máis distendida.

A nova sala infantil ten unha entrada independente pola parte de atrás do edificio e está separada arquitectonicamente do resto, polo que poderemos prestar aos nenos e nenas unha antención máis acorde á súa idade sen entorpecer o normal desenvolvemento do resto dos servizos destinados ao público adulto.

Convidamos a todas as familias a coñecer este novo espazo que será inaugurado o sábado 4 de marzo ás 12:00 da mañá pola concelleira de ensino e bibliotecas, Mercedes Taibo. Tras o acto de inauguración haberá unha hora de portas abertas para que poidades coñecer a nova sala. Durante este tempo poderemos gozar tamén de música en directo.

A partir do luns 6 de marzo a sección infantil comezará a prestar servizo co que será o seu horario de apertura en inverno:

  • De luns a venres: de 17:00 a 20:00 horas.
  • Sábados: de 10:00 a 13:00 horas.

 

Etiquetas: 
Infantil
bebeteca

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/estreamos-un-novo-espazo