Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Presentación de Machismos, de micro nada

Presentación de Machismos, de micro nada

venres, 3 de Marzo de 2017

Xoves 9 de marzo ás 19:00 horas.

O noso concello conmemora con varios actos o Día internacional das mulleres (consulta aquí o programa [1]) e un deles terá lugar na biblioteca.

O xoves 9 de marzo ás 19:00 horas a sala multiusos da segunda planta acollerá a presentación do libro Machismos, de micro nada, de Fiadeiras, o grupo de traballo de educadoras e educadores sociais de Galicia. Esta publicación é o resultado dun proxecto de denuncia e visibilización da violencia que as mulleres e nenas sofren a cotío e que moitas veces pasa desapercibida: os denominados micromachismos. O libro recolle experiencias reais sobre manifestacións deste tipo de violencia.

Teremos a sorte de contar cunha das responsables da publicación, que ademáis de contarnos como xurdiu a idea do libro, responderá a todas as dúbidas que o público poida plantexar e orientará a todas aquelas persoas que traballan con nenos, nenas, mozos e mozas sobre as pautas para a utilización da obra nas aulas.

A presentación/faladoiro está aberta ao público en xeral, e é tamén especialmente recomendable para a mocidade. A entrada será libre e de balde ata completar aforo.

 

Etiquetas: 
feminismo
Día internacional das mulleres
Presentacións
Biblioespazo 2017

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/presentaci%C3%B3n-de-machismos-de-micro-nada

Ligazóns
[1] http://www.naron.es/web/cat/web/cat/gal/noticias/get/2107/