Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Exposición fotográfica Lecturas

Exposición fotográfica Lecturas

luns, 6 de Marzo de 2017

Lecturas, traballo colectivo do alumnado de Gabriel Tizón, na sala de exposicións da planta sótano

A Asociación Deportiva e Cultural dos profesionais da área sanitaria de Ferrol desenvolve diferentes obradoiros e actividades dirixidas aos e ás profesionais das diferentes categorías e servizos dos centros hospitalarios e dos centros de saúde da comarca.

A Xerencia de xestión integrada de Ferrol organizou un obradoiro de fotografía impartido polo destacado fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón. [1] O seu alumnado levou a cabo un proxecto no que plasmaron as diferentes miradas en torno aos momentos, os espazos e os medios de lectura. O resultado deste traballo son 24 fotografías en cor ou en branco e negro das que agora podemos disfrutar na biblioteca.

A exposición Lecturas estará dispoñible ata o venres 31 de marzo na sala de exposicións da planta baixa da biblioteca e pódese visitar de luns a vernes entre as 17:00 e as 20:00 horas e os sábados de 10:00 a 13:00.

 

 

Etiquetas: 
Exposicións
Fotografía
Lecturas
Biblioespazo 2017

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/exposici%C3%B3n-fotogr%C3%A1fica-lecturas

Ligazóns
[1] http://gabrieltizon.com/