Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Contos revoltos

Contos revoltos

Data: 
sábado, 1 de Abril de 2017

Celebramos o Día internacional do libro infantil e xuvenil

Dende 1967 o IBBY (Organización internacional para o libro xuvenil) promove a celebración do Día internacional do libro infantil e xuvenil, coincidindo coa data de nacemento de Hans Christian Andersen, o 2 de abril. O obxectivo desta conmemoración é promocionar a boa literatura orientada ao público infantil e adolescente e a lectura entre os máis novos/as.

Na biblioteca celebramos esta data con Contos revoltos, un espectáculo que a súa autora, Fátima Fernández, describe así:

"Había una vez una contadora de historias moi ordenada, levaba todos os seus contos colocadiños dentro das súas maletas; pero un día, un remuíño curioso quixo ver os seus contos, meteuse nas maletas e cando saiu delas, os contos estaban todos revoltos, os de amor cos de medo,os pequenos cos grandes..."

A actividade está orientada para nenos e nenas entre 3 e 12 anos e terá lugar o sábado 1 de abril ás 11:00 da mañá. Se queres que o teu fillo ou filla participe:

  • Reserva a súa praza a partir do martes 28 ás 9:30 horas. Podes facelo no mostrador da sala de adultos ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
  • Lembra que todos os nenos/as que participan nas actividades teñen que ter o carné da biblioteca.

 

 

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/contos-revoltos