Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Caderno Zentangle

Caderno Zentangle

Data: 
xoves, 20 de Abril de 2017
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Obradoiro artístico para persoas adultas (a partir de 16 anos)

Entre as actividades coas que a vindeira semana celebraremos o Día internacional do libro atópase un obradoiro destinado a persoas adultas (a partir de 16 anos) no que elaboraremos un caderno Zentangle. 

O Zentangle é un método artístico baseado na creación de imaxes a partir de patróns que non están previamente fixados, senón que se van revelando a si mesmos a medida que avanza o proceso de creación. Esta espontaneidade fai do método unha experiencia liberadora que o converte nunha arte terapéutica.

Non é necesario ningún tipo de coñecemento previo sobre arte ou debuxo; calquera persoa está capacitada para elaborar o seu propio deseño Zentangle.

O obradoiro terá lugar o xoves 20 de abril ás 19:00 horas na sala multiusos da segunda planta. Para participar tan só tes que reservar a túa praza a partir do luns 17 ás 9:30 horas no mostrador da sala de adultos ou chamando ao 981382173 en horario de apertura. Terán preferencia as persoas que teñan o carné da biblioteca coas coutas actualizadas no momento da inscrición.

 

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario de verán (21 de xuño a 6 de setembro)

SALA ADULTOS/AS:

  ► Mañás: de martes a venres de 9:00 a 14:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

SALA INFANTIL:

  ► Mañás: de martes a venres de 10:00 a 13:00.

  ► Tardes: luns e mércores de 18:00 a 21:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/caderno-zentangle