Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Gotas de rocío, copos de nieve

Gotas de rocío, copos de nieve

Data: 
venres, 9 de Xuño de 2017
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Presentación da primeira novela da naronesa Finy Sesmonde.

O venres 9 de xuño ás 19:30 horas, a sala multiusos da segunda planta da biblioteca acollerá a presentación de Gotas de rocío, copos de nieve, da naronesa Finy Sesmonde.

Nesta novela Sesmonde fai un percorrido dende finais do século XIX ata os nosos días da man de catro xeracións de mulleres que sofren todo tipo de adversidades e saen adiante grazas ao seu valor, ás súas ganas de vivir e á loita continua. Estes son os valores que a autora quere destacar por enriba de todo na súa obra.

A narración está ambientada en Curtis, Ferrol e Narón e descibre lugares moi recoñecibles para todas as persoas que vivimos na contorna. Tamén os temas principais da novela poden resultar familiares para moitos e moitas de nós: a emigración da poboación galega, os grandes amores (ás veces prohibidos) ou os malos tratos son experiencias que, se non de maneira directa, todos e todas coñecemos.

No acto de presentación da novela intervendrán:

  • Finy Sesmonde, autora.
  • Guillermo Sánchez Fojo, alcalde accidental do Concello de Narón.
  • Carmen López Díaz, psicóloga de ALMAT (Asociación de loita contra os malos tratos), á que vai destinada unha parte dos beneficios da venta do libro.

O acceso á sala é libre ata completar aforo. A autora asinará exemplares ao finalizar o acto.

 

 

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/gotas-de-roc%C3%ADo-copos-de-nieve