Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Planeta LGTB

Planeta LGTB

Data: 
sábado, 24 de Xuño de 2017
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Un contacontos para a igualdade e a tolerancia

Cada 28 de xuño celébrase en boa parte do mundo o Día do orgullo LGTB, unha data na que lesbianas, gais, bisexuais e transexuais reclaman igualdade, respecto e tolerancia para o seu colectivo.

Na biblioteca celebramos esta data cunha actividade para normalizar e visibilizar as relacións non heteronormativas. Caxoto Contacontos tráenos o seu espectáculo Planeta LGTB, que el mesmo define así:

O Planeta M’BURRO  é (como o seu nome ben di) moi aburrido. Alí todo é monótono, todo o mundo viste igual, as comidas saben todas ao mesmo, as familias son sempre pai/nai/fillo/filla… Cando un M’burrido ven de expedición á Terra observa que aquí nos gusta moito a diversidade: as persoas visten distintas, cada comida é un mundo de sensacións e, o máis curioso, as familias non son todas idénticas: hai familias cunha nai e un pai, familias con dúas nais, familias con dous pais, familias monoparentais…

A dos M’burridos é unha marabillosa viaxe interplanetaria para poñer en valor a diversidade de gustos, apetitos e atraccións; un encontro na terceira fase para normalizar unha realidade que xa a ninguén debería estranar.

A actividade terá lugar o sábado 24 de xuño ás 11:00 horas e está orientada a nenos e nenas a partir de 4 anos.

Para participar:

  • Os nenos e nenas deberán ter o carné da biblioteca.
  • É imprescindible reservar praza a partir do martes 20 de xuño ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

 

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/actividades/eventos/planeta-lgtb