Narón - Portal Biblioteca
Publicado en Narón - Portal Biblioteca (https://biblioteca.naron.gal)

Inicio > Verán na Ludoteca

Verán na Ludoteca

mércores, 5 de Xullo de 2017

Coñece o programa de actividades que a Ludoteca municipal ten preparado para este verán.

Coma todos os veráns, a Ludoteca municipal deseña un programa de actividades para nenos e nenas entre 2 e 12 anos.

O programa deste ano titúlase Un verán en forma e tenta aproveitar as vacacións para mellorar os hábitos de saúde dos nenos e nenas. Durante o mes de xullo e a primeira quincena de setembro traballarán os bos hábitos con obradoiros de alimentación, hixiene e deporte.

A Ludoteca abre durante este período de luns a venres entre as 10:00 e as 14:00 horas, que se reparten da seguinte maneira:

 10:00 a 11:00

É o momento de desperezarse e comenzar a mañá con enerxía: xogos deportivos, danza, circuitos, xogos e deportes tradicionais, Ioga, zumba…

 11:00 a 12:00

Actividades artísticas: desenvolvemento da creatividade a través da pintura, da modelaxe de arxila, da confección de xogos e xoguetes…

 12:00 a 13:00

Tempo para contar contos, lecturas conxuntas, inventar historias…

 13:00 a 14:00

Información e préstamo de libros.

Durante toda a xornada os nenos/as participantes están divididos en dous grupos de idade:

  • GRUPO A: De 2 a 5 anos. 15 prazas.
  • GRUPO B: De 6 a 12 anos. 20 prazas.

Os nenos/as de 2 anos deberán quedar acompañados/as en todo momento por unha persoa adulta.

Para participar nas actividades é imprescindible reservar praza. A reserva faise na propia Ludoteca.

Co carné de usuario/a da Biblioteca central pódese acceder ao servizo de préstamo dos materiais da ludoteca.

Ademáis, o programa compleméntase con accións puntuais específicas:

DÍA

HORA

ACTIVIDADE

IDADES

Martes 11 de xullo

11:00-12:00

Obradoiro de colares e pulseiras

3-12 anos

Venres 14 de xullo

11:00-12:00

Obradoiro de modelado. Elaboración de masa de modelar de xeito artesanal

6-12 anos

Mércores 19 de xullo

11:00-12:30

Obradoiro de modelado en arxila

6-12 anos

Venres 21 de xullo

11:00-12:00

Obradoiro de decoración de camisetas

6-12 anos

Xoves 27 de xullo

10:30-12:00

Obradoiro de cociña saudable

3-12 anos

Para máis información:

Ludoteca Pública Municipal

R/ Cardenal Cisneros, 2 Santa Icía, Narón

981389284

ludoteca@naron.es [1]

 

 

Etiquetas: 
Verán
Ludoteca municipal

Séguenos en:

  • Facebook
  • Twitter
  • Blog

Horario de apertura

 

Horario habitual de inverno:

SALA ADULTOS/AS:

  ► Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

SALA INFANTIL:

  ► Luns a venres de 17:00 a 20:00.

  ► Sábados de 10:00 a 13:00.

 

A ATENCIÓN AO PÚBLICO E A SALA DE INFORMÁTICA SUSPÉNDENSE 15 MINUTOS ANTES DA HORA DE PECHE.

 

Biblioteca Pública Municipal de Narón.

R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña

biblioteca.central@naron.gal

Teléfono: 981 38 21 73 

Galería imaxes

Ver máis imaxes

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción coa nosa Biblioteca Municipal.

  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies
  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo

URL:https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/ver%C3%A1n-na-ludoteca

Ligazóns
[1] mailto:ludoteca@naron.es